A Casa de Gobo
A Casa de Gobo

Axuda

Última actualización: 27 de agosto de 2026

Como podo facer unha reserva?

Aínda non dispomos de sistema de reservas en liña. Polo momento, escríbenos a info@casadegobo.com ou contacta por teléfono ou WhatsApp no +34 617 85 72 16 indicando as datas da túa estancia e o número de hóspedes, e confirmarémosche a dispoñibilidade.

Cal é o horario de entrada e saída?

Os horarios de entrada (check-in) e saída (check-out) acórdanse directamente ao contactar connosco, adaptándonos na medida do posible a cada estancia.

Admítense mascotas?

A política sobre mascotas confírmase contactando connosco, indicándonos o tipo de animal para podermos darche unha resposta concreta.

Hai wifi e aparcadoiro?

Si, a casa conta con conexión wifi gratuíta. Non dispomos de aparcadoiro habilitado como tal, pero ao estar en plena aldea hai espazo de sobra para aparcar sen ningún problema.

Que pasa se preciso cancelar a miña reserva?

Contacta connosco por correo electrónico, teléfono ou WhatsApp e informarémoste das condicións de cancelación no teu caso.

Como podo contactar convosco?

Podes escribirnos en calquera momento a info@casadegobo.com, chamarnos ou escribirnos por WhatsApp ao +34 617 85 72 16. As chamadas aténdense de 9:00 a 21:00, e por WhatsApp e correo podes escribirnos a calquera hora.